XVI Encuentro de Emprendedoras y Empresarias en A Coruña

Fechas: 
19/12/2017
Lugar: 
Centro Municipal Accede Papagaio (A Coruña)

O martes 19 de decembro reunímonos de novo na Coruña nunha xornada sobre emprendemento, no marco do proxecto Activa Tu Emprendimiento cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo. 

A xornada, titulada "Xestionando a túa marca persoal", celebrarase en horario de 9:30 a 14:00h no Centro Municipal Accede Papagaio da Coruña, e temos preparado un interesante Programa:

  • Información sobre recursos para emprender
  • Minuto de ouro para empresarias: as asistentes presentarán a súa empresa
  • Presentación de novos proxectos de emprendedoras
  • Café networking
  • Charla "Íntimo y personal. Crea una marca que enamore" impartida pola experta en marca persoal Mapi Báez.

 Para asistir, unicamente has de cobrir este formulario: INSCRÍBETE!!!

Vémonos alí!